CRTVG

Buscar

O CIS prognostica unha vitoria do PSOE nas eleccións europeas do 26 de maio

Publicado o 09/05/2019 21:12

O barómetro do CIS recolle a intención de voto para as municipais en sete concellos españois, entre eles, Santiago de Compostela. Segundo esta enquisa, o PSOE sería a forza máis votada cun quince por cento dos votos. A un só punto, co 14% dos votos, situaríase o Partido Popular. Compostela Aberta sería a terceira forza en intención de voto co 8% dos votos, seguido do BNG. Destaca o número de indecisos, case catro de cada dez electores aínda non decidiron a que partido lle darán o seu voto.

Nas eleccións europeas, o CIS dá como gañador o PSOE. Outórgalle entre 17 e 18 escanos fronte aos 14 que ten agora. A segunda forza máis votada sería o PP, que conseguiría entre 11 e 12 eurodeputados, catro menos dos que ten. Ciudadanos pasaría de dous a oito escanos. Unidas Podemos tamén obtería oito eurodeputados, tres máis dos que ten. Vox entraría no Parlamento Euopeo con catro ou cinco escanos.

O PSOE tamén sería a forza máis votada nas eleccións autonómicas, segundo o CIS. Os socialistas gañarían en todas as comunidades onde se celebran comicións autonómicos agás Navarra, onde se imporía Navarra Suma, e Cantabria, onde Miguel Ángel Revilla conservaría o liderado.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí