O CIS mantén o PSOE como forza máis votada cunha distancia de 11,8 puntos co PP
Publicado o 18/11/2020 14:31

Nova enquisa do CIS. Mantén o PSOE como forza máis votada, cunha distancia de 11,8 puntos respecto ao PP. As dúas forzas baixan unhas décimas. E tamén descende Podemos. Mentres soben Ciudadanos e Vox.
A enquisa realizouse a principios de mes, despois do debate da moción de censura. E tamén recolle que nove de cada dez cidadáns definen a situación económica como mala ou moi mala. Segue tamén en ascenso a preocupación pola pandemia e tres de cada catro enquisados defenden a adopción de medidas máis duras.