CRTVG

Buscar

O CIS dá récord de intención de voto ao PSOE e outorga a segunda praza ao PP

Publicado o 28/02/2019 20:02

O barómetro de febreiro realizouse nos primeiros días do mes, antes de que o presidente do Goberno convocara as eleccions para abril.

Segundo a intención directa de voto que recolle, o PSOE sobe tres puntos con respecto ao barómetro de xaneiro. Así, a formación de Pedro Sánchez gañaría as eleccións con máis do 33% dos sufraxios, o dobre ca o PP. E iso que os populares, co 16,7, soben case dous puntos. A formación de Pablo Casado recupera a segunda praza á conta de Ciudadanos. Os dous puntos que gañan os populares son precisamente os que perde o partido de Albert Rivera, que se sitúa co 15,3 por cento dos votos.

Unidos Podemos tamén descende, un punto, ata o 14,5 por cento dos sufraxios. Parte deste retroceso, explícase na baixada das súas confluencias. No caso de En Marea descende do 1 por cento ao 0,6. Vox tería o 5,9 por cento dos votos, seis décimas menos que en xaneiro.

En canto a posibles pactos, os socialistas e Unidos Podemos sumarían case un 48% dos votos, dez puntos máis que a unión de PP, Ciudadanos e Vox. E sobre a valoración de líderes, Pedro Sánchez é o que obtén maior puntuación, un 4,3, seguido de Albert Rivera cun 3,9, Pablo Casado cun 3,6 e Iglesias cun 3,2.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019