O CIS augura a vitoria de Illa nas eleccións catalás
Publicado o 21/01/2021 15:22

O CIS publicou unha enquisa sobre intención de voto nas próximas eleccións en Cataluña, uns comicios que a xustiza mantén para o 14 de febreiro.
O chamado efecto Illa impulsa o PSC. A candidatura do ministro de Sanidade dálles pulo aos socialistas, que lle disputarían o triunfo a Esquerra Republicana de Catalaluña. A sondaxe dálles aos dous partidos un resultado moi semellante, entre 30 e 35 escanos. Seguiríaos Junts per Cat. Golpe para Ciudadanos, que caería á cuarta posición e, segundo o CIS, Vox conseguiría entrar con entre 6 e 10 deputados.