CRTVG

Buscar

O Circo Olimpia ofrece funcións de balde en agradecemento á solidarieade dos veciños de Lalín

Publicado o 12/06/2020 13:20

Son 20 artistas portugueses, italianos e españois os que integran o Circo Olimpia. Marco, o director, é xa a quinta xeración desta familia circense, e os seus fillos continúan a saga. Recorreron medio mundo, pero Lalín conquistounos para sempre pola súa solidariedade.

As funcións son de balde, pero habilitaron unha fila 0 para quen queira axudalos. Animan a todos os veciños a gozar do espectáculo con total tranquilidade, porque adoptaron todas as medidas sanitarias e hixiénicas esixidas.

A crise do coronavirus alterou a xira que tiñan planificada, así que o vindeiro 21 de xuño partirán de Lalín con destino a Vilalba e de aí cara a localidades costeiras durante o verán, porque o espectáculo e a vida deben continuar.

Noticias web

12/06/2020