CRTVG

Buscar

O Circo do Sol declárase en bancarrota e despide 3.480 empregados

Publicado o 30/06/2020 19:56
O Circo do Sol declárase en bancarrota e despide 3.480 empregados

O Circo do Sol declárase en bancarrota tras a crise da COVID-19 e despide preto de 3.500 traballadores.

Desde o mes de marzo atopábanse en suspensión de emprego como consecuencia da cancelación de espectáculos por mor da pandemia do coronavirus.

A empresa detrás desta marca é a máis importante do sector circense a nivel mundial. Hai previsto un plan de reestruturación con novos investidores que, de ser aprobado, podería retomar algunhas actividades e espectáculos da compañía.

Noticias web

30/06/2020