CRTVG

Buscar

O cine volveu esta fin de semana á Coruña coa reapertura de tres multisalas

Publicado o 27/06/2020 21:21


Tras máis de tres meses sen poder pisar unha sala de cine, os coruñeses teñen esta fin de semana abertas as portas de tres multisalas: as dos Cantóns, as dos Rosales e as de Espacio Coruña. Unha noticia ben acollida por grandes e pequenos.

Por seguridade fronte á covid-19 é obrigatorio usar máscara e dispuxéronse xeles para desinfectar as mans. Tamén se espaciaron as películas para limpar entre pase e pase e estableceuse unha separación entre butacas. En concreto, nos Yelmo distribúenas por grupos.

Os espectadores mostraban a súa confianza.

Os responsables das salas contan con ir fortalecendo a carteira pouco a pouco, logo de que a pandemia atrasara boa parte das estreas.

 

Noticias web

27/06/2020