CRTVG

Buscar

O cine Seixo de Marín, o máis antigo de Galicia, é o primeiro en volver

Publicado o 07/06/2020 14:36

Ninguén que coñecera o cine Seixo dubidaba de que volvería abrir. Leva así desde 1943. É o máis antigo de Galicia. O tempo parou o celuloide en marzo, cando na carteleira agardaba a proxección de Scandal, sobre o acoso sexual na Fox News. Antes de poñela, a vindeira fin de semana, probaron cunha sesión dobre. Para maiores, Especiais, e para nenos, Voando xuntos.

Ana Carballo, a terceira xeración do cine desde a avoa Bernarda e seu pai Perfecto, conseguiu permiso para abrir as portas do cine Seixo, o único aberto arestora en Galicia. O coronavirus obriga a cumprir novas normas, como reducir a ocupación de 200 prazas a 66, lavar as mans ao entra e saír e levar sempre a máscara.

Ana Belén Carballo. Cine Seixo.
Totais de cinéfilos

Cinema Paradiso ou a emoción do cine dentro do cine. Esa será a película que a maior parte das salas españolas proxectarán o 26 de xuño, cando os cines volvan erguer o pano á metade da capacidade despois do drama do coronavirus.

Noticias web

07/06/2020