CRTVG

Buscar

A Revista FDS

O cine con Moncho Lemos

Publicado o 13/12/2014 13:39
Chega o momento do cine na Revista e ademais hoxe, non fala galego, pero case..Porque a estrea máis destacada sae de Galicia, e con participación ademais desta casa

ESTREAS

-"OS FENÓMENOS", actriz protagonista, Lola Dueñas. Miguel de Lira vai dar que falar no seu papel Jefe de obra. Cine social, con algo de humor pero que ninguén espere unha comedia, porque é un drama. Zarauza insisitía na autenticidade do reparto, actores galegos para que fora real. Unha película cunha historia na que moitos se verán reflexados. O bum e o estourido da burbulla inmobiliaria. Comeza cunha historia de desamor, cando Neneta decide volver a Galicia e atopa un traballo nunha obra; muller nun mundo de homes. Evita os tópicos de bos e malos, reflicte como nos enganaron e como nos deixamos enganar. Premios no Festival de Bruxelas e de Fortaleza. Apoio da Televisión de Galicia.
----------------------------------------------

CINE DA CASA

-Sábado noite, "A CASA DO LAGO", películas románticas que volve xuntar a Sandra Bullock e Keanu Reeves 12 anos despois de Speed. Ten un punto fantástico, que require da nosa complicidade para poder crer a historia de amor en dous momentos do tempo distintos, nunha mesma casa. Xoga con se é verdade, se existe, se non..

-Luns noite seguimos lembrando a filmografía dun grande do cine, Clin Eastwood. Outra na que dirixe e actúa "PODER ABSOLUTO", no que se rodea de nomes importantes como Gene Hackman ou Ed Harris. Esta semana viámolo como axente do FBI e agora pasa ao outro lado, é un ladrón; pero de luva branca, con principios. Xira en torno a un asasinato cometido polo home teoricamente máis poderoso do mundo, o presidente dos EEUU.

-E rematamos coma sempre cos títulos máis reseñable dos últimos 25 anos do cine galego. Desta volta temos unha película máis recente, do ano 2010, "ARRAIANOS", de Eloy Enciso. É un docudrama sobre a vida dos habitantes dunha aldea fronteiriza entre Galicia e Portugal. Interprétanse a si mesmos. Un pouco nesa liña de realidade-ficción. Unha película de autor, distinta ao habitual.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

13/12/2014