CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

O cine con Moncho Lemos

Publicado o 04/03/2018 13:35
Moncho Lemos xa está aquí para contarnos que estreas hai no cine esta semana e as pelis que podemos ver na casa na TVG.

Ola MOncho

NO CINE

SIN RODEOS
Dirección: Santiago Segura
Reparto: Maribel Verdú, Candela Peña, Diego Martín, Rafael Spregelburd, Cristina Castaño, Santiago Segura, Alaska , Enrique San Francisco, Mario Vaquerizo y Cristina Pedroche
Duración: 85 min. Comedia
Guion: Benigno López, Santiago Segura, Diego Ayala y Nicolás López
Disparatada e tola historia na que Paz, unha muller cunha aparente vida normal, vive agobiada por todo o que a rodea sen atreverse a confesar o que sente. Despois de visitar a un bruxo empeza a dicir sempre a verdade sen rodeos.

GORRION ROJO
Dirección: Francis Lawrence
Reparto: Jennifer Lawrence, Joel Edgerton, Jeremy Irons, Charlotte Rampling, Mary-Louise Parker
Título en V.O.: Red sparrow
Nacionalidade: USA
Duración: 140 min. Thriller
Jennifer Lawrence interpreta a Dominika, unha moza rusa reclutada paraconvertela en "gorrión", é dicir, unha seductora do servicio secreto ruso. A pesar da súa resistencia a perder a súa identidade convertese nun dos mellores. O seu primero obxetivo será Nate , a cargo de axentes infiltrados da CIA na axencia rusa de intelixencia. A espiral de atracción e engano á que se verán sometidos ameazará a súa seguridade e a dos seus gobernos.

PELIS DA TVG

Martes, "SHERLOCK HOLMES: XOGO DE SOMBRAS" Director: Guy Ritchie
Elenco: Robert Downey Jr., Jude Law, Noomi Rapace, Jared Harris, EUA, 2011, 120', Aventuras
**SINOPSE** En todo o mundo estanse producindo rechamantes noticias: un escándalo acaba cun potentado do algodón da India, un comerciante de opio chinés falece dunha aparente sobredose, estoupan bombas en Estrasburgo e Viena, falece un magnate do aceiro estadounidense. Ninguén ve ningunha conexión entre estes acontecementos aparentemente aleatorios, excepto o famoso detective Sherlock Holmes, que adiviñou unha rede deliberada de morte e destrución. E no seu centro, coma unha araña especialmente sinistra, está o profesor James Moriarty, unha mente mestra do crime que xunta a súa capacidade para o mal cunha total falta de conciencia. A investigación por parte de Holmes do plan de Moriarty tórnase máis perigosa cando lle fai abandonar Londres, xunto a Watson, para dirixirse a Francia.


Mércores, "SEN PERDÓN"
Director: Clint Eastwood
Elenco: Clint Eastwood, Gene Hackman, Morgan Freeman, Richard Harris,
EUA, 1992, 125´, Western
**SIPNOSE** Dous veteranos pistoleiros volven ás armas, das que levaban tempo retirados, para aceptar a recompensa que lles ofrecen as prostitutas de Big Whiskey para que as liberen da brutalidade do shériff, outro antigo pistoleiro metido a cacique desapiadado. Aparece tamén un pintoresco asasino a soldo, alcumado Bob o Inglés.