CRTVG

Buscar

O ciclón Fani suma 21 mortos e tres millóns de evacuados na India e Bangladesh

Publicado o 04/05/2019 13:10


O ciclón Fani desprazouse da India a Bangladesh, tras debilitarse nunha depresión severa. Con todo, xa causou como mínimo nove mortos, que se suman aos doce rexistrados no nordeste da India. Os preto de tres millóns de evacuacións realizados nos dous países evitaron moitas vítimas, pero os danos materiais son enormes, con aldeas anegadas, vivendas e infraestruturas destruídas e cortes de luz e auga.
 

Noticias web

04/05/2019