O ciclista de Rois Martín Bouzas pasará a profesional co Kern Pharma
Publicado o 02/10/2019 17:00
Confirmouse. O ciclista de Rois Martín Bouzas será profesional o ano que vén. Correrá co Kern Pharma, equipo que aparece no campo profesional.
Martín Bouzas ten vinte e dous anos e tres títulos de campión de España de contra o reloxo. As dúas ultimas campañas correunas co Lizarte, con quen disputou a volta a Galicia. Lizarte é o equipo de formación de Kern Pharma e tamén está moi vinculado ao Movistar.
Con Martín Bouzas haberá seis ciclistas galegos profesionais no pelotón.