CRTVG

Buscar

O ciborio da catedral de Ourense urxe unha restauración para retirar as humidades que danan a pedra

Publicado o 18/08/2021 15:28

O ciborio gótico da catedral de Ourense foi construído polo meste de Rodrigo de Badaxoz entre os anos 1.499 e 1505, é un dos símbolos do templo e sofre desde hai tempo os problemas de humidade. Segundo o Delegado de Patrimonio da Diócese de Ourense a súa restauración estará incluída no vindeiro Plan de Catredais da Xunta.

Visible case desde calquera punto do centro da cidade de Ourense, cos seus máis de 20 metros de altura soprende os turistas que visitan o templo por primeira vez.

Ademais do ciborio, no que urxe unha intervención, o Plan de Catedrais inclúe a mellora do arquivo e do museo da catedral de Ourense, dedicada a San Martiño.

Noticias web

18/08/2021