CRTVG

Buscar

O CHUS, o primeiro centro de Europa en implantar un marcapasos sen cables

Publicado o 30/05/2020 17:31

O hospital clínico de Santiago converteuse hoxe no primeiro centro de Europa en implantar un marcapasos sen cables a un paciente que padece un bloqueo aurioventricular.

O dispositivo, que mide unha décima parte dun marcapasos tradicional, estende esta tecnoloxía de estimulación sen cables a aqueles pacientes que perderon a coordinación entre os sinais eléctricos das cámaras coronarias, algo que era inviable ata o momento.

O marcapasos axuda a sincronizar estes sinais, restaurando o ritmo normal do corazón. No clínico de Santiago teñen xa unha ampla experiencia en implantar marcapasos sen cable, ata o punto de ser un dos centros que máis implantes fai en España.

 

Noticias web

30/05/2020