CRTVG

Buscar

O CHUS, obrigado a ampliar o espazo para pacientes de covid−19

Publicado o 02/02/2021 08:58

Hoxe volve reunirse o comité clínico; esperaremos novidades. Pero antes xa hai accións: a gravidade da situación obriga o Complexo Hospitalario de Santiago a ampliar a zona para pacientes de covid−19.

A presión hospitalaria segue medrando e por iso necesitan habilitar novos espazos. No Clínico de Santiago hai unha semana pouxeron en marcha a terceira unidade de coidados críticos para pacientes de covid−19. A día de hoxe está preto de completarse.

A xerencia xa manifestou que se fora preciso desviarían pacientes á unidade coronaria de cardioloxía.

Os casos activos na área sanitaria de Santiago están descendendo, pero a presión hospitalaria continúa á alza. Xa son 200 as persoas hospitalizadas, 44 na unidade de coidados intensivos.

 

Noticias web

02/02/2021

Máis sobre Santiago de Compostela