O CHUS leva varios anos traballando nun proxecto que aplica a intelixencia artificial na loita contra o cancro hematolóxico
O Servizo de Hematoloxía do CHUS leva varios anos traballando nun proxecto que aplica a intelixencia artificial na loita contra o cancro hematolóxico. Os seus resultados, que permiten darlles aos pacientes tratamentos personalizados, son moi prometedores, pero para seguir investigando precisan unha maior captación de fondos coa que financiar o seu proxecto.
Un curto equipo de investigadores, nunha pequena dependencia do CHUS que busca abrir unha vía da que poderían beneficiarse millóns de pacientes de todo o mundo. A idea é procesar a enorme cantidade de datos que xera cada paciente cun tumor hematolóxico e usala para mellorar os tratamentos de futuros enfermos.
Mario Álvarez, supervivente dun linfoma de Hodgkin, di que ata o de agora os médicos mataban moscas a canonazos para tratar os pacientes coma el e que aplicando os resultados da investigación do CHUS poderían anticipar a evolución da enfermidade en cada persoa e así escoller o tratamento que mellor lle vai ir. Entre todos van conseguindo financiar este proxeto e agora intentan unha nova captación de fondos a través dun crowfunding baixo o lema "A carreira que nunca para".