O CHUS estrea UCI pediátrica renovada
O Hospital Clínico Universitario de Santiago estrea hoxe unha unidade de coidados intensivos pediátrica completamente renovada. O acondicionamento e rehabilitación deste espazo ten o dobre obxectivo de facilitarlles o traballo aos traballadores e facer máis confortable a estadía dos nenos ingresados e dos seus acompañantes.
Desde o CHUS déronlle as grazas, entre outros, ao equipo de LAU Creaciones que cos seus murais procuroulles aos nenos todo un mundo submarino.
Agradecementos tamén aos doantes anónimos e especialmente aos veciños de Val do Dubra que a través de diferentes actividades recadaron boa parte dos fondos cos que a Obra Social de Pediatría puido emprender as obras de humanización.
Os nenos, sen dúbida, gozarán coas grandes pantallas instaladas para o seu entretemento en cada habitáculo. A implicación do persoal do hospital tamén foi imprescindible para facer realidade o proxecto.