CRTVG

Buscar

O CHUS contará cunha unidade mixta para previr doenzas cardiolóxicas en pacientes de cancro

Publicado o 01/03/2018 21:22

O Complexo Hospitalario de Santiago contará cunha unidade mixta para previr doenzas cardiolóxicas en pacientes de cancro. Trátase dun dos efectos secundarios máis frecuentes e graves da quimioterapia, que afecta arredor dun 20 por cento dos pacientes dos cancros con maior incidencia. As técnicas de imaxe existentes permiten previlo e tratalo precozmente.

Noticias web

01/03/2018