O CHUS abre unha nova sala para lactación
O Complexo Hospitalario de Santiago ten desde o ano pasado unha sala onde as nais con nenos ingresados poden sacar e almacenar o leite. Agora acaba de inaugurar unhas segunda sala en que calquera nai pode alimentar o seu fillo recentemente nado xunto a outras mulleres na súa mesma situación. Así poden comentar entre elas problemas e dúbidas comúns, sacar leite se o precisan ou asistir a talleres impartidos por profesionais para aprender a aleitar mellor.
Sandra acaba de ter xemelgos e xa tiña unha nena de tres anos. Considera que a lactación materna facilita apego cos fillos, e malia que ela non ten problemas para aleitar, agradece a sala.
O hospital compostelán pretende con esta iniciativa fomentar a lactación materna, e lembran que, entre outros beneficios, aumenta as defensas do acabado de nacer.
Os expertos lembran que ten tamén beneficios para as nais, que se recuperan antes do parto e, segundo os últimos estudos, teñen menos risco de padecer cancro de mama.