CRTVG

Buscar

O CHUO participa no proxecto internacional Persist para anticiparse ante posibles recaídas de cancro

Publicado o 01/06/2021 18:53

Ángeles Sampedro ten 53 anos e superou un cancro de mama grazas a unha operación e á quimioterapia e xa puido volver ao traballo e retomar a súa vida. Agora participa voluntariamente neste ensaio internacional para anticiparse a posibles recaídas.

Ela é un dos 40 pacientes oncolóxicos do CHUO que estarán durante 18 meses monitorizados en tempo real con este reloxo intelixente e a aplicación do móbil. O proxecto Persist permitirá ao persoal sanitario actuar axiña ante signos de alarma.

O cancro é a segunda causa de morte no mundo e nos próximos 30 anos duplicarase a súa incidencia. A detención precoz ten o potencial de reducir a súa mortalidade por iso a importancia deste proxecto piloto.

O de Ourense é o único hospital de España que participa neste estudo apoiado pola Unión Europea, a través do programa horizonte 2020 cun financiamento de 5 millóns de euros e con tecnoloxía galega, o software da app desenvolveuse no centro tecnolóxico Gradiant en Vigo.

Noticias web

01/06/2021