CRTVG

Buscar

O CHUO habilita a Unidade de Reanimación para pacientes críticos de COVID-19

Publicado o 08/04/2020 20:48

Tras superar os vinte pacientes con COVID-19 en coidados intensivos, o Complexo Hospitalario de Ourense habilitou a Unidade de Reanimación, para atender a pacientes con coronavirus en estado crítico.

Contan ademais se fose preciso, con outras seis novas camas UCI con equipos de ventilación mecánica, preparadas no bloque cirúrxico.

Pero hai tamén boas novas: en Ourense o personal sanitario do CHUO celebraba deste xeito a primeira alta na UCI a un paciente de COVID-19, ao que confían, se poidan sumar outros dous nas próximas horas.

Noticias web

08/04/2020