CRTVG

Buscar

O CHUO estrea unha nova unidade de coidados intermedios respiratorios

Publicado o 31/03/2020 21:43
O CHUO estrea unha nova unidade de coidados intermedios respiratorios

Unha nova unidade de coidados intermedios respiratorios reforzará desde mañá a asistencia no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Está dotada con seis camas monitorizadas e ventilación non invasiva, onde se atenderá os pacientes con patoloxías respiratorias graves, crónicas ou agudas, evitando o seu ingreso na UCI. O seu uso non está previsto para os pacientes con coronavirus, pero de ser preciso, podería dedicarse ao soporte respiratorio de pacientes que deran positivo en COVID-19.
 

Noticias web

31/03/2020