CRTVG

Buscar

O Hospital da Coruña vai recuperando as plantas covid para outras patoloxías

Publicado o 19/05/2021 14:48

A boa evolución da área sanitaria da Coruña está permitindo que o complexo hospitalario vaia recuperando a normalidade nas plantas libres de covid-19. No CHUAC chegaron a estar hospitalizados 336 pacientes con coronavirus. Foi nos primerios días de febreiro, en plena terceira onda da pandemia. Esta avalancha obrigou a ir habilitando andares ata chegar a doce unidades de hospitalización.

Hoxe queda tan só unha planta destinada a covid con 26 pacientes. O CHUAC vai retomando a normalidade das patoloxías habituais no hospital e mesmo comeza a notarse unha repunta nas urxencias.

Noticias web

19/05/2021