CRTVG

Buscar

O CHUAC realizou o ano pasado 261 transplantes, a mellor cifra da súa historia

Publicado o 20/02/2019 17:40

O Complexo Hospitalario da Coruña segue batendo marcas de transplantes. O pasado ano realizou 261, a maior cifra da súa historia, e consolídase como o cuarto hospital de España neste tipo de intervencións.

O Complexo Universitario da Coruña realizaba o primeiro transplante hai 38 anos. Desde entón leva máis de 6.000 intervencións e é todo un centro de referencia en transplante hepático, renal e mesmo cardíaco. As cifras de 2108 consolidan esta tendencia, 261 transplantes de órganos sólidos, que o sitúan entre os hospitais de maior actividade a nivel nacional.

Pero sen doadores non hai transplantes. Estas cifras son froito do esforzo dos profesionais por sensibilizar a poboación e ir baixando o número de negativas familiares. As cifras da Coruña son unha referencia mundial.

O obxectivo é ir mellorando aínda estas boas cifras, aumentando as doazóns de pacientes en servizos como urxencias ou neuroloxía.


 

Noticias web

20/02/2019