CRTVG

Buscar

O avogado do 'Chicle' confirma que renuncia a defendelo

Publicado o 12/01/2018 14:11

O avogado de José Enrique Abuín Gey, o Chicle, deixa a súa defensa. Di que, cando hai dúbidas, non se pode seguir.

José Ramón Sierra, avogado de José Enrique Abuín Gey desde a súa detención como presunto autor da morte de Diana Quer, deixa o caso. Hoxe comunicoullo formalmente ao seu cliente, no cárcere da Lama, durante un encontro que se prolongou sobre unha hora. Sierra non quixo entrar en detalles por segredo profesional, pero apela a unha cuestión de honestidade e de falta de confianza na liña de defensa.

Tamén confirmou que Abuín non estivo en contacto coa súa familia desde que está no cárcere. Asegura que en ningún momento cambiou a versión de que a morte de Diana foi accidental e que dubida que vaia colaborar na reconstrución dos feitos que solicita a acusación particular.

Aclara que o Chicle non queda indefenso, que se designará outro avogado, e que xa hai voluntarios.

O pai de Diana, que onte mesmo asistía ao funeral en Madrid, está xa de volta en Galicia para reunirse co seu avogado, que exerce a acusación particular. Dixo que espera que, con respecto a Abuín, se adopte unha resolución xudicial á altura do crime que cometeu.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018