CRTVG

Buscar

Unha perita acredita que había ADN da rapaza de Boiro "no paso da porta do maleteiro" do coche do Chicle

Publicado o 11/04/2019 13:37

Compareceu mediante videoconferencia unha das peritas da Unidade Central da Garda Civil encargada de examinar o Alfa Romeo do Chicle no día que supostamente intentou raptar a moza de Boiro, e acreditou que se encontrou ADN da vítima no paso da porta do maleteiro.

O estudo reflicte que a coincidencia é do 99 % co ADN da vítima. A perita explicou que tamén se atoparon dous pelos da moza.

Esta proba desacredita a versión do Chicle, que onte sostivo que en ningún caso estivo a vítima a menos de dous metros do coche.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019