CRTVG

Buscar

O Chicle e os pais das vítimas, á espera da sentenza polo intento de rapto de Boiro

Publicado o 12/04/2019 14:41

O Chicle: "Eu saín ese día da casa co coche para subtraer gasóleo. Cando me dirixín ao coche andando, atopeime con esta rapaza de fronte e como necesitaba cartos pedinlle o móbil. Só iso, nada máis".

"Por favor, por favor...". "Se segues gritando córtote... métete no coche e dáme o móbil...". "Douche os cartos, o móbil non. Por favor, por favor, o móbil non".

"O que recordo é que no maleteiro suxeitaba o bolso coas dúas mans, intentaba que non mo collese, e tentaba facer forza coas pernas e incorporarme para saír do coche. Só pensaba: intenta saír de aquí porque como o cerre non saes máis...". "Intentou cerrar o maleteiro?" "Houbo un momento que si, que eu creo que si, que intentou cerralo".

"Atopamos un coche de cor gris co maleteiro aberto, e xusto ao lado dous suxeitos, a rapaza e o rapaz, e vimos un claro forcexo ao lado do maleteiro".

Á vista das probas e malia que o Chicle o negou, para a Fiscalía non quedou lugar a dúbida sobre as súas intencións.

"Cando encerras a alguén ou intentas, mellor dito, metelo nun maleteiro... para que? Para dispoñer dela ás súas anchas noutro lugar apartado".

O pai de Diana Quer, que non lle quitou ollo ao Chicle, quixo dirixirse ao tribunal antes de que o acusado utilizase a última quenda de palabra.

"Faga vostede o favor de sentar. Non se lle dixo que poida estar de pé... non hai respecto. É a sala de vistas, vostede é público, está sentado, como están sentadas todas as personas da sala".

O Chicle di: "Se pudiese dar marcha atrás máis de dous anos, faríaao, pero non podo, e oxalá algún día se saiba toda a verdade. Quero dicir tamén que sinto moito o ocorrido e, á parte diso, dicirlle á familia da rapaza de Madrid que non poñan en dúbida moitas cousas".

O xuízo quedou visto para a sentenza. Os pais de Diana e da moza de Boiro agardan unha condena exemplar.

Eli, nai da vítima do intento de secuestro: "Porque é un desgraciado, un depredador. Estas persoas non poden estar na rúa e os xuíces téñeno que mirar".

O pai de Diana Quer di: "Esperar tamén deste tribunal que estableza unha condena exemplar, e eu sigo confiando na xustiza, pero tambén é importante que mandemos unha mensaxe desde a sociedade a este tipo de individuos, e cando é non, é non".

Noticias web

12/04/2019