CRTVG

Buscar

'O Chicle' declara en Ribeira este xoves, primeira medida do xuíz na reapertura do caso

Publicado o 03/01/2018 20:52

• A muller de José Enrique Abuín pasa a ser investigada ao non poder desbotarse, polo momento, a súa participación nos feitos

Día no caso de Diana Quer. O xuíz tomaralle declaración a José Enrique Abuín nos xulgados de Ribeira arredor das once.

O Chicle' sairá por primeira vez do cárcere de Teixeiro para declarar ante o maxistrado, na primeira medida que toma tras a reapertura do caso.

Nese testemuño podería desvelar máis información sobre o acontecido. As preguntas seguen amoréanse na rúa. Por que non se mirou antes nesa nave de Rianxo que agochaba o corpo de Diana, e se houbo agresión sexual á moza madrileña. A Garda Civil volveu responder aos xornalistas e insiste en que a declaración deste xoves podería dar máis respostas. 

A outra novidade é que a muller do 'Chicle' pasa a ser investigada ao non poder desbotarse, polo momento, a súa participación nos feitos.

Primeira medida que toma o xuíz tras a reapertura do caso de Diana Quer. Citar a declarar a José Enrique Abuín, 'O Chicle', nos xulgados de Ribeira. A investigación policial dá conta de novas probas vinculadas á comisión dun delito de detención ilegal e doutro de homicidio ou asasinato. Mesmo indicios dunha posible agresión sexual. Pero a Garda Civil recorda que só pode determinarse a partir das probas forenses.

A outra novidade é que a muller do 'Chicle' pasa a ser investigada no caso. Segundo o auto xudicial, ata o momento non se pode desbotar a súa participación nos feitos. 

E mentres, na rúa, as preguntas non cesan. A nave de Rianxo, lugar onde se atopou o corpo de Diana, concentra a meirande parte. A Garda Civil volveu facer fincapé nas condicións desa propiedade.

A declaración deste xoves en Ribeira podería botar luz a estas cuestións e afondar no desenvolvemento dos feitos nesa madrugada de agosto de 2016. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018