CRTVG

Buscar

Aprazada ata este martes a declaración do Chicle pola violación da súa cuñada

Publicado o 26/07/2021 09:15

O xulgado de Noia aprazou ata este martes a declaración de José Enrique Abuín, o Chicle, pola presunta violación á súa cuñada, que cometería no 2005, cando a moza tiña 17 anos.

O xulgado de instrución número 2 de Noia tiña prevista a declaración para este luns á mañá, pero finalmente foi adiada a mañá ás 11:30 por "problemas de axenda" dunha das partes.

Segundo informan desde o TSXG, o fiscal xa tiña outro sinalmento anterior e por iso foi necesario aprazar a comparecencia.

A investigación pola agresión á xemelga da súa exesposa estaba arquivada e reabriuse tras a detención de Abuín polo crime de Diana Quer. Anos despois, a muller mantense firme no seu relato, pero daquela non tivera nin apoio familiar nin xudicial coa súa denuncia.

O xulgado decretou o procesamento de Jose Enrique Abuín, quen cumple condena de prisión permanente revisable polo asasinato da moza madrileña, ao entender que das dilixencias realizadas se desprenden "inidicios bastantes" de que o investigado cometeu actos contra a liberdade sexual" da denunciante.

 

Noticias web

26/07/2021