CRTVG

Buscar

O Chicle coñecerá a sentenza do xuíz no cárcere de León

Publicado o 08/12/2019 13:28

Será previsiblamente nese cárcere de León onde Abuín coñeza a sentenza do xuíz. O caso de Diana Quer quedaba visto para sentenza hai oito días, despois de que o xurado popular declarara culpable o Chicle de asasinato, privación de liberdade e agresión sexual. Non se puido demotrar que violase a moza madrileña, polo que a pena de prisión prermanente revisable queda agora a expensas da sentenza que estes días redacta o presidente maxistrado, Angel Pantín.

Nos vindeiros días coñeceremos esa decisión e o caso entrará nunha nova fase. José Enrique Abuín Gey, o autor confeso do crime, foi trasladado novamente a León este xoves, ao centro penitenciario provincial de Mansilla das Mulas. Nese cárcere será onde coñeza a decisión do presidente maxistrado e saberá se finalmente se enfronta ou non á esa prisión permanente revisable, un asunto que esperta gran debate entre os xuristas.