O chef José Andrés avanza con paso firme polo Camiño de Santiago
Publicado o 05/07/2021 16:34
Sábese, polo que vai contando nas redes, que celebrou os goles de España no Camiño e tamén a gran festa americana do 4 de xullo reivindicando a solidariedade como revolución. Esta mañá estaba no Cebreiro comezando a etapa.
Acompañado por parte da familia, o cociñeiro goza en cada paso da natureza e da gastronomía, nun ano especialmente dificil.
A solidariedade do chef José Ándres a través da oenegué World Central Kichen, fíxoo merecedor do premio Princesa de Asturias da Concordia 2021.
En Gaza, Colombia, Tijuana ou A India, en momentos de emerxencia, creando "mesas máis longas e muros máis baixos", como di o chef. José Andrés quere chegar a Santiago o día 13, o día seu aniversario. Facer o Camiño é outro xeito de axudar.