CRTVG

Buscar

O 'chef' José Andrés celebra o seu 52 aniversario en Santiago tras rematar o Camiño

Publicado o 14/07/2021 13:50

O chef José Andrés acabou este martes a súa terceira peregrinación a Santiago e fixo coincidir a súa chegada co seu 52 aniversario e, como non podía ser doutro xeito, celebrouno comendo produto galego. A súa ruta tiña que rematar así, pois durante todo o Camiño estivo apoiando e animando os superviventes da covid−19 no sector hostaleiro, bodegueiro e restaurador.

Durante o camiño Jose Andrés compartiu as súas paradas gastronómicas nas redes sociais e laiouse dos numerosos negocios aínda pechados.

José Andrés acaba de ser galardoado co premio Princesa de Asturias da Concordia polo seu labor solidario durante a pandemia a través da súa oenegué World Central Kitchen.

Noticias web

14/07/2021