CRTVG

Buscar

O 'check in online' de Ryanair non está disponible durante 12 horas

Publicado o 06/11/2018 21:41

Se ten previsto viaxar nas próximas horas con Ryanair saiba que o 'check in online' da liña aérea non estará dispoñible, polo menos, durante 12 horas. Desde as 6 da tarde do mércores ata as 6 da mañá do xoves os pasaxeiros non poderán facturar nin a través da páxina web nin a través da aplicación. Tendo en conta que Ryanair cobra adicionalmente por facturar no mostrador, a propia compañía recomenda que os viaxeiros afectados impriman as súas tarxetas de embarque en liña antes das 6 da tarde de mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2018