CRTVG

Buscar

O chavismo impide a reelección de Guaidó e un opositor desidente accede á presidencia do Parlamento en Venzuela

Publicado o 06/01/2020 10:23

A maioría opositora da Asemblea Nacional reelexiu este domingo a Juan Guaidó como presidente do Congreso.

Foi logo de que as forzas de seguridade lle impedisen o acceso ao pazo lexislativo e que os deputados chavistas nomeasen a un aliado do réxime.

A improvisada sesión tivo lugar nas instalacións do diario venezolano EL Nacional.
Un centenar de diputados opositores votaron pra que Guaidó siga a ser o xefe do Congreso e presidente encargado de Venezuela por segundo ano consecutivo.

En medio dun gran rebumbio, Luis Eduardo Parra asume o cargo de presidente do parlamento venezolano. Aínda que obtivo o seu escano polo partido opositor Primero Justicia, Parra achegouse ao chavismo en novembro, tras descubrirse que estivera facendo lobi internacional para empresas controladas polo presidente Maduro. Hoxe contou co apoio dos deputados fieis a este, nunha sesión á que forzas militares e policiais bolivarianas lles impediron o acceso ao hemiciclo á maioría dos deputados cos que contaba Juan Guaidó para a súa reelección como xefe do lexislativo. O líder opositor deu a súa versión dos feitos nun chío no que denunciou que as restricións de acceso tamén as padeceron os xornalistas de máis de trinta medios.

Escoltado nas inmediacións no pazo lexislativo polos seus seguidores, o líder opositor tivo que acceder á sesión saltando os reixas do recinto, nunhas imaxes que xa deron a volta ao mundo.



 

Noticias web

06/01/2020