CRTVG

Buscar

O chavismo e a oposición mídense noutra xornada de mobilizacións

Publicado o 12/02/2019 17:05

Venezuela vive hoxe unha nova xornada de mobilizacións. A celebración do Día da Mocidade medirá nas rúas a forza da oposición e do chavismo, que se acusan mutuamente de ofrecer unha imaxe distorsionada da realidade que vive o país.

A axuda humanitaria converteuse no epicentro da guerra desatada entre o chavismo e a oposición. O Goberno nega crise ningunha e para demostralo enviou á fronteira con Colombia un cargamento de alimentos e medicinas.

O autoproclamado presidente Guaidó asegura que un primeiro envío de alimentos e medicinas xa logrou chegar a Caracas e dixo que está tranquilo pola investigación sobre o seu patrimonio, ordenada polo Goberno.

Maduro, pola súa banda, denuncia un complot mediático de desprestixio e para contrarrestalo presentou unha campaña coa mellor cara de Venezuela para atraer turistas e empresarios.

O país celebra hoxe o Día da Mocidade que servirá para que as dúas Venezuelas que representan o chavismo e a oposición midan nas rúas a súa forza.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019