CRTVG

Buscar

O CGAC acolle a exposición "Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nova York amarga"

Publicado o 11/06/2021 21:03

Estes días o Centro Galego de Arte Contemporáneo acolle unha exposición do que probablemente podería ter sido un dos libros máis importantes de Camilo José Cela
O inacabado proxecto aúna cinco textos literarios do escritor galego e as fotografías neoiorquinas do cartelista catalán Carles Fontserè.
'Carles Fontserè e Camilo José Cela - Nova York Amarga' pretende reconstruír este proxecto da visión que tiña Cela da Gran Mazá a finais da decada dos 60.
A mostra recolle, principalmente, as imaxes que o escritor escollera para cada un dos 28 capítulos recollidos no índice que daba inicio á obra.
 

Noticias web

11/06/2021