CRTVG

Buscar

O CESGA estrea o supercomputador Finisterrae 3, que multiplica por 12 a capacidade cálculo

Publicado o 02/08/2021 15:32

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, visitou o centro de Supercomputación de Galicia, onde acaban de estrear o super computador Finisterrae 3, que multiplica por doce as capacidades de cálculo do centro. Con el, Galicia abre a porta da computación cuántica, unha das prioridades estratéxicas de Europa para os próximos anos. É o primeiro computador deste tipo instalado en España, e será unha peza básica do futuro polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia, que aspira aos fondos Next Generation.

"A computacion cuántica é un novo paradigma dentro da super computación que permitirá, a nivel computacional, resolver problemas que ata o de agora non era posible resolver a través dos super computadores tradicionais. Isto vai facilitalo. É o que se chama a vantaxe cuántica, dentro da segunda revolución cuántica", di Mauro Fernández, director xerente do CESGA. 

Noticias web

02/08/2021