CRTVG

Buscar

O certificado de vacinación que vai emitir a UE non será un cheque en branco para moverse

Publicado o 15/04/2021 15:02

A nivel europeo, os 27 chegaron a un acordo preliminar sobre o certificado de vacinación. Pero non será un cheque en branco para viaxar libremente por Europa. O documento certificará se o portador puxo a vacina contra o coronavirus, pasou a enfermidade ou fixo unha PCR recentemente, pero iso non implicará que xa poida viaxar pola Unión sen máis controis.

Os estados terán marxe de manobra para poder seguir aplicando corentenas ou as restricións que consideren necesarias. Aquí, en Europa, á espera de que se pronuncie a Axencia de Medicamentos, varios países van decidindo que facer coa vacina de Janssen. Francia anuncia que a subministrará, e tamén o farán Hungría e Polonia.

Noticias web

15/04/2021