CRTVG

Buscar

O certificado covid xa é obrigatorio para os que traballan en contacto co público en Francia

Publicado o 31/08/2021 12:03
O certificado covid xa é obrigatorio para os que traballan en contacto co público en Francia

Francia esixe o certificado covid a todos os empregados de establecementos públicos e privados que traballen cara ao público.

A medida, que entrou en vigor esta semana, afecta preto de 1,8 millóns de empregados, que deberán acreditar que completaron a pauta de vacinación, que superaron o coronavirus nos últimos seis meses ou dispoñer dun test negativo de menos de 72 horas.

Os empresarios ou responsables de administración que non se aseguren que os seus traballadores teñen o certificado covid poderán ser sancionados con ata un ano de cárcere e unha multa de 9.000 euros.

Noticias web

31/08/2021