CRTVG

Buscar

O certificado covid segue divindo o sector hostaleiro

Publicado o 15/09/2021 16:17

Os empresarios que presentaran o recurso agardan que a pesar da sentenza non se volva pedir o certificado. Mentres, a Federación de Hostalería de Galicia sempre estivo de acordo coa esixencia do certificado covid, porque consideraban que a medida lles permitía seguir traballando.

Para os empresarios do ocio nocturno tamén podería representar un paso adiante para recuperar a actividade prepandemia. A Consellería de Sanidade tiña previsto entregar nos próximos días o borrador do protocolo do ocio nocturno, pero despois da sentenza, os prazos poderían atrasarse. Os temas que máis preocupan son a ocupación, horarios e a incidencia.

Están desexando volver a unha certa normalidade, algo que podería ocorrer a partir de outubro cando está previsto pór en marcha o novo protocolo.

Noticias web

15/09/2021