CRTVG

Buscar

O certame Buero de Teatro organiza talleres formativos para os participantes

Publicado o 24/02/2018 15:49

 

Está en marcha unha nova edición dos premios Buero de teatro, unha proposta dirixida á mocidade que aposta polo valor educativo e transformador das artes escénicas. Máis de 3.800 montaxes viron a luz ao abeiro desta iniciativa, que ademais programa talleres de formación coma os que hoxe se están impartindo na Coruña.

O teatro é unha ferramenta pedagóxica poderosa que cada ano gaña forza grazas a propostas coma a dos premios Buero. Participan mozos de entre trece e vinte e un anos, embarcados nunha experiencia creativa intensa e grupal.

Laura leva cinco anos presentándose ao certame co grupo Arjé de Pontedeume. Hoxe asiste a un dos talleres do campus de inverno. Son clases nas que os rapaces aprenden, por exemplo, a dominar a voz.Ou nas que utilizan o xogo para experimentar coas sensacións de estar sobre un escenario. Nestas quince edicións pasaron polo certame que organiza a Fundación Cocacola preto de oitenta mil mozos. As mellores obras presentaranse no mes de xullo en Madrid durante a semana do teatro novo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2018