O CERMI premia as políticas de integración das persoas con discapacidade da Xunta
O CERMI, o comité español de representantes de persoas con discapacidade, premia as políticas de integración das persoas con discapacidade da Consellería de Política Social. Co galardón, na categoría de Mellor Acción Autonómica de España, e compartido co Concello de Barcelona, o xurado recoñece "o alcance e vigor" das políticas de inclusión do Goberno galego e a súa "capacidade de diálogo e cogobernanza coa sociedade civil" no desenvolvemento destas políticas. Desde a consellería quixeron agradecer o traballo de todas as entidades que traballan neste eido.
"A Xunta de Galicia ten moi boa relación con todas as entidades do ámbito da discapacidade. Traballamos moi ben xuntos os 365 días do ano e, polo tanto, quérolle agradecer o seu traballo e o seu compromiso. Sen dúbida ningunha, temos que seguir mellorando, temos que seguir derrubando barreiras e seguir construíndo novas pontes con vistas á inclusión das persoas con discapacidade", di Fabiola García, conselleira de Política Social.