CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O Centro Pen Galicia entrega os seus premios Rosalía de Castro

Publicado o 01/10/2016 21:31
O Centro Pen Galicia entregou hoxe os seus premios Rosalía de Castro, que recoñecen o labor de escritores de distintas linguas. Dina Salústico, Mariasun Landa, Àlex Susanna e Almudena Grandes foron os galardoados. Nesta cita coa cultura, celebrada na Cidade da Cultura en Santiago, deuse por clausurado tamén o octaxésimo segundo congreso do Pen internacional. Este ano o evento contou cunha homenaxe á xornalista rusa Anna Politkovskaya, cando se cumpren dez anos do seu asasinato.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí