CRTVG

Buscar

O Centro Memorial Vítimas do Terrorismo, un espazo para evitar o esquecemento

Publicado o 01/06/2021 15:21

• Filipe VI asegura que as vctimas son "un dos piares éticos da democracia" e un elemento fundamental para evitar "calquera lexitimación ou xustificación" da violencia

O rei Filipe VI reivindica a memoria das vítimas como unha das ferramentas chave para evitar o terrorismo. Foi na inauguración en Vitoria do Centro Memorial Vítimas do Terrorismo. Os reis presidiron o acto, ao que asistiron tamén o presidente, Pedro Sánchez, e o lehendalari Íñigo Urkullo. Filipe Vi considera que a memoria é imprescindible para preservar a verdade, a dignidade e a xustiza que merecen as vítimas do terror. A inauguración deixa a imaxe dos Reis visitando a reprodución dun zulo da banda ETA.

Boa parte do Memorial leva a marca da ETA. Cos reloxos que contaron o tempo atrás nos anos de chumbo, o tempo dos coches bomba, da metralla, e dos tiros a sangue frío polas costas. Unha historia criminal que comezou co asasinato no País Vasco dun axente da Garda Civil de Tráfico, o galego José Antonio Pardines. Era de Malpica e tiña 25 anos. 

A ETA: 853 mortos e máis de 2.600 feridos. Foron décadas de ameazas, de cartas de extorsión e de bombas adosadas nos baixos dos coches. O centro garda tamén a memoria de Ignacio Echeverría, o heroe do monopatín, galego abatido en Londres por outro terrorismo. 

Noticias web

01/06/2021