CRTVG

Buscar

O Centro Galicia de Bos Aires utiliza o podcast para mitigar a distancia cos socios

Publicado o 08/08/2021 13:14

Coincidindo co seu 42º aniversario, o Centro Galicia de Bos Aires lanzou o seu primeiro podcast, chamado “Mundo Galego". Un espazo breve, duns quince minutos de duración, onde a asociación dará un repaso á historia e tamén á actualidade da colectividade galega na Arxentina.

A pandemia impediu que o Centro Galicia de Bos Aires editase o seu periódico oficial.

Un contratempo solucionado, en parte, grazas a 'Mundo Galego', o seu primeiro podcast.
"Tamén é un medio novo, non? Un medio para xente por ahí un pouquiño máis nova, que está máis afeita ás redes."

Este programa, impulsado coa axuda da Xunta de Galicia, tamén pretende difundir o uso do galego entre a xente máis nova da Arxentina.
"A idea é que si, seguir continuando coa xente maior e coa xente nova, non? Que non se perda ese contacto tamén".

Na súa segunda edición, que está por vir nos próximos días, 'Mundo Galego' analizará o papel histórico das mulleres na colectividade galega.


 

Noticias web

08/08/2021