CRTVG

Buscar

A Revista FDS

O Centro Galicia de Bos Aires, berce de matrimonios

Publicado o 21/05/2016 14:01






Viaxamos agora ata A Arxentina para contarlles dunha curiosidade. Ben saben, de seguro dos Centros Galegos e a súa importancia na emisgración. Ben pois imos pararnos nunha faceta diferente deles. Ata os anos 80, as romarías destas institucións eran a grande axencia matrimonial de Buenos Aires. Escoiten algunhas das persoas que casaron grazas ás actividades deses centros.


Nestas instalacións do antigo Centro Lucense de Bos Aires, hoxe Centro Galicia, milleiros de mozos e mozas galegos atoparon ó amor das suas vidas a ritmo de xotas e muiñeiras. Boa parte destas parellas son un exemplo da maxia desas festas ás que concurrían moitas familias, e tamén mozos casadeiros. "O entroido e os bailes do Centro Galicia eran ver as parelliñas por todos lados", di Alejandro Moreira cun matrimonio nacido neste centro.

Algúns, incluso tendo nacido no mesmo pobo ou estudado na mesma escola, remataron por se namorar neste recuncho repleto de galeguidade no que se sinten coma na casa. "Meu fillo maior sempre di que el cando teña nenos vainos facer socios porque quere que sigan disfrutando como disfrutaron eles". sinala Marina Fernández.

A José, a frecha de Cupido impediulle cumprir unha promesa. "Prometinlle, Deus perdoe, a meus pais que iba ir para facer unha casa e volvía a Galícia, pero ese día non chegou, houbo alguén que tiraba máis por min e quedei aquí en Bos Aires", asegura.

Hoxe conta máis de 40 viaxes ó seu Boqueixón natal e 56 anos de casados. Aínda que o ritmo aminorou dende os anos 80, a tradición mantense, entre ensaio e entrenamento, nas novas xeneracións de galego-arxentinos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

21/05/2016