CRTVG

Buscar

O Centro Galicia de Bos Aires achega 'A nosa arte' ao público arxentino

Publicado o 23/07/2016 12:00

Trátase dunha homenaxe a artistas coma Laxeiro, Álvaro Cunqueiro, Luis Seoane, ou Castelao,que as doaron en vida á institución

O Centro Galicia de Bos Aires achega estes días ao público arxentino algunhas das obras pictóricas máis importantes do seu arquivo histórico. Unha homenaxe a artistas coma Laxeiro, Álvaro Cunqueiro, Luis Seoane, ou Castelao,que as doaron en vida á institución.

Baixo o título de 'A nosa arte", o Centro Galicia de Bos Aires pretende compartir cos amantes da pintura unha selección das obras máis importantes que posúe. 

O obxetivo desta mostra é a posta en valor dos centos de produccións artísticas que doaron figuras coma Castelao, Laxeiro ou Álvaro Cunqueiro. 

"Cando me falan do patrimonio cultural que ten a pinacoteca do Centro Galicia... é moi difícil calcular porque hai algunhas pezas ás que sinxelamente non se lles podería poñer prezo", explica José María Vila Alén, presidente do Centro Galicia de Bos Aires.

A mostra é un orgullo para moitos dos galegos que viven en Bos Aires.

"Eles rescataron estas obras que son importantes porque son de pintores que estaban esquecidos e ignorados completamente", comenta o visitante Xosé López Gama.Algúns visitantes emociónanse ó ver as pinturas de persoeiros tan destacados e cos que tiveron a oportunidade de conversar tempo atrás. 

Pero sen dúbida a obra máis importante do Centro Galicia de Bos Aires é a 'Derradeira lección do mestre', de Castelao. Sobretodo polo seu valor histórico, tal e como reafirman moitos expertos que a custodian nesta Quinta Provincia con suma responsabilidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2016