O Centro Galego de Arte Contemporánea celebra os seus 25 anos con actividades
Publicado o 28/09/2018 08:02
O Centro Galego de Arte Contemporánea fai 25 anos. Entre as actividades están as proxeccións lumínicas sobre o parque de Bonaval. Desde as 9 da noite está xa en marcha esta proxección lumínica que achega sobre as árbores de Bonaval. Será ata as 12 da noite. Son imaxes de carácter pictórico, xeométrico e laberíntico. Son formas de petróglifos atopados polo artista responsable das proxeccións na súa viaxe por Galicia.As proxección son desde hoxe e durante a fin de seamana e tamén os próximos sábados 6,13 e 20 de outubro. Todo para celebrar este 25 aniversario do CGAC, un museo que abriu as súas portas o 29 de setembro de 1993 e que é todo un referente da Galicia moderna desde a súa posta en marcha.
Máis sobre actualidade
20/01/2021 16:37