CRTVG

Buscar

O Centro Galego de Bos Aires podería volver funcionar en dous meses

Publicado o 19/05/2019 15:09

O Centro Galego de Bos Aires está máis preto dunha solución á grave crise económica e asistencial que enfronta dende hai anos. Os socios chegaron a un principio de acordo para cederlle a xestión hospitalaria á empresa arxentina BASA Salud. De concretarse, o centro podería volver funcionar a pleno rendemento en dous meses.

O 21 de maio é a data chave para coñecelo futuro do Centro Galego de Bos Aires pois, se non hai sorpresas, pecharase definitivamente na asemblea de socios o acordo co grupo arxentino BASA para cederlles durante os vindeiros 30 anos a xestión da parte hospitalaria desta centenaria institución.

Lend: Preacordo coa empresa BASA Salud. Posible solución para o Centro Galego de Bos Aire O Centro Galego de Bos Aires arrastra unha profunda crise económica que se tornou insostible no último tempo, deixando ós socios sen atención médica e ós empregados con varios meses de impagamento.

Patricia Pérez - PRESIDENTA da AGRUPACIÓN GALICIA DO CENTRO GALEGO | PORTAVOZ DAS AGRUPACIÓNS DA OPOSICIÓN NO CENTRO GALEGO "Chegamos a unha situaciòn terminal á que nos levaron as sucesivas intervenciòns e pensamos que a última oportunidades que tiñamos de salvar algo disto era con este preacordo".

Trátase dun xerenciamento a 30 anos con opción a compra do inmoble, e a empresa manterá ós traballadores e un plan de saúde preferente para os socios.

Marcelo Carbone - VICEPRESIDENTE DO GRUPO OLMOS | BASA Salud "Foi unha negociación bastante complexa, prolongada, había que equiparar varios intereses, pero o certo é que había un punto en común, todos estabamos pola superviviencia da entidade".

Tamén subsiste a mutual, que seguirá controlando o patrimonio cultural, o teatro, o panteón da Chacarita e o anexo de Valentín Alsina. Unha vez asinado o acordo, a empresa estima que o centro funcione a pleno rendemento en 60 días.




 

Noticias web

19/05/2019