CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Centro Galego de Bos Aires entrega as súas medallas aos socios máis senlleiros

Publicado o 28/07/2016 15:23

É unha das entidades máis importantes da Galicia exterior, o Centro galego de Bos Aires. E acaba de recoñecer o esforzo de quen traballa día a día pola súa supervivencia. Os galardoados son dez socios que recolleron o premio con moita emoción.

O Centro Galego de Bos Aires quixo premiar a dez dous seus socios coa medalla da entidade pola destacada labor realizada ao longo de toda unha vida para que a institución se manteña como o orgullo da colectividade.
Un momento de moita emoción para os galardoados.

"Non deixa de ser unha satisfacción enorme despois de 81 anos de socia", di María del Carmen Ares, unha das socias homenaxeada.

A importancia deste organismo que vén de cumprir 109 anos de historia é recoñecida tamén polo Goberno nacional arxentino.

"É moi importante destacar a labor que cumpren as mutuais das comunidades na República Arxentina, e sobretodo a que cumpre o Centro Galego", asegura Marcelo Collob, representante do Goberno arxentino no acto.

Os socios aseguran que agora, máis ca nunca, é preciso apoiar á institución na nova etapa que afronta.

Na semana grande de Galicia, o Centro Galego de Bos Aires está a ter un papel trascendental para honrar á galeguidade da diáspora. Tamén no eido médico, onde o Goberno de Mauricio Macri anunciará nos vindeiros días medidas para melorar a situación de quenes se atenden aquí, nesta institución de referencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí